Piazzi, Giuseppe
Piazzi, Giuseppe
Astrónomo italiano. Ordenado sacerdote en 1764, ao ano seguinte marchou a Palermo para ocupar unha cátedra de Matemáticas Superiores. En 1791 fundou un observatorio astronómico na torre do Palacio Real. En 1792 publicou un catálogo de 7.646 estrelas, e en 1801 descubriu o primeiro asteroide, ao que lle deu o nome de Ceres. A partir de 1817 dirixiu a construción do observatorio de Capodimonte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponte in Valtellina, Sondrio -
Deceso
Lugar : Nápoles