Pigou, Arthur Cecil

Pigou, Arthur Cecil

Economista británico. Estudoso da economía do benestar, analizou as causas do paro, o concepto de benestar económico da comunidade e o volume e a distribución do seu dividendo nacional. Desenvolveu o denominado efecto Pigou, segundo o que unha redución da renda pode implicar, baixo determinadas condicións, un aumento da demanda. Publicou Wealth and Welfare (1912) e Economics of Welfare (1920).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ryde, Wight

  • Deceso

    Lugar : Cambridge