Pimentel

Pimentel
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que trae por armas en escudo cuartelado, primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, tres faixas de goles, e segundo e terceiro cuartel, en campo de sinople, cinco vieiras de prata. Outra variante presenta, en campo de sinople, cinco vieiras de prata, colocadas en aspa.