α-pineno

α-pineno
Nome científico: [C<sub> 10</sub> H<sub> 16</sub> ]
s m [QUÍM]

Hidrocarburo monoterpénico bicíclico insaturado, principal constituínte da esencia de trementina. Presenta isomería óptica e existe en dúas formas, R e S. Emprégase como disolvente de ceras e vernices, intermedio de síntese doutros compostos terpénicos, aditivo para aceites lubricantes e na preparación de resinas sintéticas.