Pinnock, Trevor

Pinnock, Trevor

Clavecinista e director de orquestra inglés. Considerado un dos directores máis prestixiosos na dirección de obras interpretadas con instrumentos orixinais, estudou no Royal College of Music. En 1973 fundou un conxunto de música con instrumentos antigos, a English Concert, que compaxinou coa súa carreira como clavecinista. Das súas gravacións orquestrais destacan as sinfonías de Mozart e Haydn, os Concertos de Brandenburgo e as suites de Bach.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Canterbury