Pino Piñeiro, María

Pino Piñeiro, María

Mestra e escritora. Colaboradora de diversos xornais, é autora de diversos traballos sobre a súa comarca, como Datos históricos de Puenteareas y el Condado (1981), El castillo de Villasobroso y su historia (1988) e El Corpus de Ponteareas en su historia (1992); e libros infantís, como Pedro quiere un libro de animales (1986). Da súa produción poética destacan Todo mi sentir (1983) e As azas do vento (1983), onde cunha visión neorromántica e cristiá, a autora reflicte a súa visión do mundo a través do contacto coa paisaxe.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ponteareas