Piñeiro, pazo de
Piñeiro, pazo de
Construción situada en Santo Estevo de Folgosa (O Corgo). Ten planta cadrada cun saínte en forma de L, que foi engadido posteriormente e onde se sitúa a galería. Foi construído en cachotaría, agás a fachada principal, os vans e os esquinais que están realizados en cantaría. Destaca o patio interior de forma rectangular, provisto dunha arcada cun corredor con balaustrada de pedra enriba. Na fachada principal destaca un monumental escudo.