Piñeiro, pazo do

Piñeiro, pazo do

Construción situada na parroquia de Caamouco (Ares). Ten planta rectangular e está realizado en cantaría na cornixa, nos vans e nos esquinais. Conta cunha capela acaroada e nos arredores sitúanse as vivendas dos caseiros, un pombal, cocheiras e hórreos. Está rodeado de horta, campos de labranza e xardíns na parte principal.