Piñeiro Nogueira, Xoán
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde foi alumno de C. Nogueira e ampliou estudos nun obradoiro de imaxinaría en Santander (1947) e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1948), onde tamén acudiu á Escuela Superior de Artes y Oficios. Iniciou a súa traxectoria dentro do realismo empregando principalmente a temática mariñeira para pasar a partir da década de 1970 á abstración, sen abandonar de todo a figuración. Dominou a forma e a fidelidade nos retratos e traballou principalmente a pedra. Da súa produción destacan as series de maternidades e Retrato do Padre Graña (Alameda de Cangas, 1957), Monumento ao mariñeiro á volta do mar (Hoxe non comemos) de Cangas, As enfiadeiras (1960), Monumento ao mar (Vigo, 1972), Monumento aos nenos mortos do colexio Vista Alegre (Santa Cristina de la Polvorosa, Zamora), Monumento ao gaiteiro (Soutelo de Montes, 1980) e Niño de paxaros I (Santiago de Compostela). Recibiu o Premio Nacional de Escultura (1956).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : O Hío, Cangas -
Deceso
Lugar : Goián, Tomiño