Piñón Prado, Xoán
Fotógrafo e músico. Participou en actividades do colectivo Novos Fotógrafos Coruñeses e especializouse en fotografía publicitaria. Realizou campañas para as principais marcas da moda e publicou os seus traballos en Vogue, Elle ou Marie Claire. Como músico colaborou con varias agrupacións como Generación 49 (1968), Sopa de Sobre (1972), NHU (1974) ou DOA (1978). Expuxo as súas fotografías en Santander, Vigo, Madrid, Zúric ou México, e participou nas obras Catro renovadores da arte galega (1993) ou Galicia en Fotos (1992, 1994 e 2000). No apartado cinematográfico, traballou na promoción dos filmes Divinas palabras (1989), Continental (1989), Fisterra (1998), La Rosa de Piedra (1999) e Se quién eres (2000). Recibiu o Premio LUX á mellor publicación de moda en España.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña