piragua
piragua
(
-
s
f
[MAR]
Embarcación longa e estreita que pode navegar propulsada por remos ou a vela. Diferénciase a piragua dunha soa peza, tallada xeralmente nun tronco de árbore, da que se constrúe unindo dúas pezas que poden ser de casca cosida, peles ou pranchas unidas.
-
s
f
[DEP]
Embarcación pequena propulsada a remo, estreita e longa, que se emprega nos ríos e no mar con finalidades deportivas e de recreo.