pirosómido -da
(< lat científico Pyrosoma,xénero de urocordados)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pirosómidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Urocordado da orde dos pirosómidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de urocordados da clase dos taliáceos, que inclúe especies que forman colonias flotantes, de forma oval ou cilíndrica e constituídas exclusivamente por blastozooides. Cada un destes individuos é elipsoidal, comprimido lateralmente, e cos dous extremos ocupados por dous sifóns: o bucal, orientado cara ao exterior, e o cloacal, cara á cavidade central da colonia. Case todo o seu corpo está ocupado por unha farinxe branquial constituída por orificios. Xeralmente presentan órganos luminosos formados por células testáceas cheas de bacterias simbióticas. Os individuos son de talle milimétrico, pero a colonia pode chegar a medir máis dun metro.