Pirro

Pirro

Rei de Epiro (297-272 a C), fillo de Eácides. Obtivo numerosos éxitos na guerra contra os macedonios e ampliou enormemente os seus dominios, que posteriormente perdeu, en gran parte, na loita contra Lisímaco (282 a C). Interveu en axuda dos tarentinos e dos gregos en Italia, en contra de Roma; pasou a Sicilia, onde derrotou aos cartaxineses e cando volveu á Península Itálica, loitou contra os romanos na Batalla de Benventum. Mentres tanto, Antígono o Gónatas apoderárase de Macedonia (Antígono I de Macedonia); combateu conta el e derrotouno (274 a C). Ambicioso de expandir os seus dominios, atacou Esparta, pero Areo, rei desta cidade, aliouse con Antígono I de Macedonia e fixéronlle fronte. Morreu no intento de apoderarse por sorpresa da cidade de Argos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Epiro

  • Deceso