pirrol
pirrol
(< grπυρρός ‘vermello’ + 2 -ol)
s
m
[QUÍM]
Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros insaturado que contén un átomo de nitróxeno. O pirrol é a primeira materia dunha gran variedade de compostos de síntese. A estrutura pirrólica atópase nun gran número de compostos, principalmente pigmentos, como o anil e as clorofilas e hemoglobinas, dous dos grupos de pigmentos biolóxicos máis importantes.