Pisano, Antonio

Pisano, Antonio

Pintor e medallista italiano. Coñecido como Pisanello, formouse con Stefano da Zevio e recibiu a influencia de Gentile da Fabriano. Cultivou un humanismo entre o uso cortesán do gótico internacional e o estudo da natureza e da Antigüidade clásica. Das súas obras destacan Annunciazione (1424-1426), Madonna col il bambino, retratos como o de Lionello d’Este e Margherita Gonzaga (1435?) e numerosos debuxos. Renovador do xénero da medalla (Filippo Maria Visconti, Cecilia Gonzaga) traballou nas principais cortes italianas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pisa

  • Deceso

    Lugar : Nápoles