Pisano, Nicola

Pisano, Nicola

Escultor italiano. Fixo o púlpito do baptisterio de Pisa (1260) e o da catedral de Siena (1265-1268), co seu fillo Giovanni Pisano e outros discípulos. Atribúenselle a Deposizióne di Cristo dun dos tímpanos da catedral de Luca (1259?) e o proxecto da Arca di San Domenico en Boloña (1264). Tamén colaborou na realización da Fontana Maggiore da piazza del Comune de Perugia (1278). O seu estilo, influído polo clasicismo romano, conectou máis tarde co gótico francés.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso