Piscator, Erwin

Piscator, Erwin

Director e teórico teatral alemán. Fundou e dirixiu diversos teatros tras a Primeira Guerra Mundial, como Das Tribunal, de Königsberg (1919), o Central-Theater (1923-1924), o Volksbühne (1924-1927) e o Piscatorbühne (1927-1928 e 1929-1930), todos eles en Berlín, intentando achegar á escena un teatro de tipo proletario. Posteriormente traballou ao longo de once anos como director convidado en diferentes compañías, ata que en 1962 foi nomeado responsable do Theater am Kurfürstendam. Nas súas representacións tentou sintetizar a arte e a política, asimilando a estética expresionista e construíndo un teatro ideolóxico que crease unha conciencia revolucionaria nos individuos. Dos seus espectáculos destaca Die Abenteuer des braven Soldaten Schwejk (As aventuras do bravo soldado Schwejk, 1928), sobre unha novela de J. Hašek, e Die Ermittlung (1966), de P. Weiss. No eido da teoría teatral cómpre destacar Das politische Theater (1929-1964) e Schriften zum Theater (1968).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ulm

  • Deceso

    Lugar : Starnberg