piso

piso

(< pisar)

  1. s m
    1. Superficie sobre a que se camiña.

    2. Chan dunha vivenda ou de calquera dependencia.

      Ex: A cociña ten o piso de baldosa.Os carpinteiros xa lle botaron o piso ao hórreo.

  2. s m
    1. Cada unha das divisións horizontais dun edifico, especialmente os que non están ao mesmo nivel.

      Sinónimos: andar, planta, andar.
    2. Cada unha das vivendas dun edificio de varias plantas, mesmo que estean no mesmo nivel.

      Confrontacións: apartamento.
  3. s m

    Cada unha das capas en que se dispón unha cousa.

    Ex: Un pastel de catro pisos. O autobús ten dous pisos.

  4. s m

    Parte de abaixo do calzado.

    Sinónimos: sola.
  5. s m

    chedeiro.

    1. s m [BIOL/XEOG]

      Cada un dos grupos ou formacións vexetais que se gradúan nunha montaña. Distínguense os pisos basal, montano, alpino e nival, con áreas de transición entre eles denominadas subbasal, submontano e subalpino. A súa extensión e número varía segundo a latitude, altura e disposición do relevo.

    2. piso estratigráfico [XEOL]

      estrato.