Pisolithus
Pisolithus
[FUNGO]
Xénero de fungos, da familia das esclerodermatáceas, que presentan o carpóforo globoso, case sen pé. A cuberta externa é de cor escura, moi delgada e satinada, e o interior é de cor amarela ou parda e está formado por unhas estruturas semellantes aos chícharos. Viven en piñeirais, carballeiras ou en eucaliptais. Empregouse para tinguir.