1 pito
1 pito
(
-
s
m
Cría dunha ave, especialmente a da galiña. Na tradición oral recóllense ditos como: “Eu son o pito cairento, que naceu polo Xaneiro; se o raposo non me come, hei de cantar no poleiro. Moitos pitos, moito comen. O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ao poleiro”.
Ex: Naceron oito pitos na mesma rolada. No niño da aguia había dous pitos.
-
pito da neve
[ANIMAL/ORNIT]
avefría.
-
pito gorxón
[XOGO]
Xogo infantil en que se lanza un alfinete ou un pauciño con punta a un grupo de cereixas sen rabo, para comer aquelas que queden cravadas.
Frases feitas
-
Coma un pito. Moi mollado.