2 pito

2 pito

(

  1. s m
    1. Instrumento de pequeno tamaño que emite un son agudo ao pasar o aire por el.

      Ex: Fixo soar o pito para que o coche parara.

      Sinónimos: asubío, chifre.
    2. [MÚS]

      Instrumento tradicional galego semellante á frauta doce. Ten a mesma dixitación ca o punteiro da gaita e empregábano os gaiteiros para repasar as melodías ou para compoñer obras novas sen necesidade de usar a gaita. Tradicionalmente estaba feito de buxo, aínda que tamén se empregaban outras madeiras, con oito furados e unha embocadura en bisel. A súa afinación abranguía todas as tonalidades, pero as empregadas polos antigos gaiteiros eran as de do sostido e re. Adoitaba usarse para acompañar a outros instrumentos, como a requinta ou a zanfona, mentres que coa gaita o seu son quedaba escurecido.

  2. s m

    Son que produce este instrumento ou un dispositivo semellante.

    Ex: Ao lonxe oíase o pito da locomotora.

  3. s m

    Porción de tabaco picado e envolto nun papel fino para fumar.

    Sinónimos: cigarro.
  4. s m

    minga.

Palabras veciñas

pitiriásico -ca | Pitiusas, As | 1 pito | 2 pito | Pitocchetto | pitoco | Pitócrito