Pitt, William o Vello
Pitt, William o Vello
Político e estadista, I barón de Chatham, pai de William Pitt o Novo. Vicetesoureiro de Irlanda e tesoureiro xeral do exército (1746). Nomeado primeiro ministro (1756), o rei destituíuno ao ano seguinte, pero foi nomeado semanas máis tarde para formar un goberno baixo a presidencia nominal do duque de Newcastle. Dirixiu, con éxito, a Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Despois de dimitir en 1761, presidiu un novo goberno en 1766.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Hayes, Kent