Pizzuto, Antonio

Pizzuto, Antonio

Escritor. Como narrador publicou a maior parte da súa obra nas décadas de 1960 e 1970, nunha época en que estaba considerado un dos autores máis singulares da vangarda italiana cunha estrutura narrativa e léxica inovadora, con influencia de J. Joyce e do Nouveau Roman. Das súas obras destacan Signorina Rosina (1959), Si riparano bambole (1960), Sinfonia (1966), Pagelle I (1973), Pagelle II (1975) e Ultime e penultime (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Palermo

  • Deceso

    Lugar : Roma