Pleven
Pleven
Cidade da provincia de Loveč, Bulgaria, situada na chaira do Danubio (122.149 h [2001]). É un centro comercial e industrial, e a cabeceira dunha importante comarca vinícola. Antiga cidade romana, foi conquistada polos húngaros en 1266 e polos turcos a finais do s XIV.