pluscuamperfecto -ta
pluscuamperfecto -ta
(< lat plus ‘máis’ + quam ‘que’ + perfectu‘perfecto’)
adx e s
m
[LING]
Tempo verbal do modo indicativo que expresa anterioridade a un referente pasado (Cando chegou ao concerto, xa empezara a actuación). Pode expresar un valor modal de cortesía (Quixera pedirlle un favor), un desexo (Quen me dera poder viaxar polo mundo adiante!), unha acción que cumpría ter feito (Se non o remataches, rematáralo) e tamén se pode empregar para indicar un distanciamento (Xura que llo levara). Morfoloxicamente presenta, nos verbos regulares, un sufixo modo temporal /ra/ para as tres conxugacións (and-a-ra-s, varr-e-ra-s, part-i-ra-s); este sufixo é tónico na P4 e P5 (and-a-ra-mos, and-a-ra-des). OBS: Tamén se denomina antepretérito de indicativo.