plusvalía
(< plus + valía)
-
s
f
-
[ECON]
Aumento no valor dun obxecto por causas externas, sen que se lle fixese ningu-nha mellora.
-
[DER/ADM]
Aumento de valor dun inmoble por causa de investimentos efectuados polos entes públicos.
-
[DER/ECON]
Aumento do valor corrente dun inmoble o día en que remata o período de imposición en relación ao valor que tiña ao inicio do período.
-
[ECON]
-
s
f
[ECON]
Expresión monetaria do valor incorporado á produción do traballo da que se apoderan os propietarios dos medios de produción, sen ningunha contrapartida. Este concepto, elaborado por Karl H. Marx, baséase no modelo de produción capitalista do intercambio de mercadorías efectuado segundo a cantidade de traballo socialmente necesario incorporado nelas, é dicir, polo seu valor de cambio. Para organizar a produción dunha mercadoría, o capitalista adquire os elementos necesarios, a maquinaria, as materias primas, a enerxía e forza de traballo, polo seu valor de cambio (c e v) e véndeos ao valor V, superior ao dos elementos utilizados para producila. Esta diferenza é a plusvalía (m). Isto explícase debido a que a mercadoría forza de traballo ou capacidade de traballar do obreiro ten un valor de uso especial, pois produce máis valor do que custa. O valor da forza de traballo non é máis ca o traballo socialmente necesario para que o obreiro viva e se reproduza. Isto formúlase: c + v + p = V, onde c é o capital constante (valor da maquinaria, materias primas, etc); v o capital variable ou valor da forza de traballo; p a plusvalía, e V o valor da mercadoría. É preciso notar que o capitalista non compra traballo, senón forza de traballo, distinción imprescindible para formular a aparición da plusvalía e, polo tanto, para explicar o fenómeno de ganancia do capitalista a partir do proceso de produción. Así, a plusvalía é a forma capitalista do excedente económico e constitúe a expresión da relación social capitalista fundamental: a explotación dunha clase social, o proletariado, por outra, a capitalista, que é a propietaria exclusiva dos medios de produción.