Pluto

Pluto
[MIT]

Deus da riqueza, na mitoloxía grega. Represéntase como un mozo ou un neno que leva o corno da abundancia no cortexo de Deméter, a súa nai, e Perséfone. Está relacionado co mundo agrario, a fertilidade dos campos e os metais. Na comedia de Aristófanes, Zeus cegouno para que visitase indistintamente a bos e malos.

Palabras veciñas

Plutarco | plúteo | Pluteus | Pluto | plutocracia | plutócrata | plutocrático -ca