Plutón

Plutón
[ASTRON]

Noveno dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol, do que está a 5.913.520.000 km, cuxa órbita dura 249 anos, cunha inclinación de 17°. A existencia de Plutón foi probada por P. Lowell, a partir de consideracións teóricas, aínda que foi descuberto polo seu discípulo C. W. Tombaugh, en febreiro de 1930. É un planeta moi pouco brillante, de magnitude aparente 14,7 e só visible coa axuda de grandes telescopios. En 1978 descubriuse o seu satélite Caronte. Posto que o diámetro de Plutón é duns 3.000 km, o sistema Plutón-Caronte está considerado un planeta dobre. A temperatura media superficial, duns -230°C, non permite o mantemento dunha atmosfera estable. De orixe indeterminada, parece ter una fina atmosfera composta por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que se conxela conforme se afasta do Sol.