plutónico -ca

plutónico -ca

(< plutón)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao plutón ou ao plutonismo.

  2. rocha plutónica [XEOL]

    Rocha que se orixinou a partir dun magma, que se consolidou e se transformou no interior da Terra. Unha característica común á maioría destas rochas é o feito de estar formadas por agregados de minerais cristalizados, polo que con frecuencia se denominan rochas cristalinas.

Palabras veciñas

Plutón | Plutón | plutoniano -na | plutónico -ca | plutonio | plutonismo | plutonista