plutónico -ca
plutónico -ca
(< plutón)
-
adx
Relativo ou pertencente ao plutón ou ao plutonismo.
-
rocha plutónica
[XEOL]
Rocha que se orixinou a partir dun magma, que se consolidou e se transformou no interior da Terra. Unha característica común á maioría destas rochas é o feito de estar formadas por agregados de minerais cristalizados, polo que con frecuencia se denominan rochas cristalinas.