po
(< lat v *pŭlvus <
-
s
m
Masa de partículas de terra seca ou doutros materiais, tan diminutas, que poden ser levantadas e transportadas polo vento.
Sinónimos: voaxa. -
-
s
m
Substancia sólida reducida a partículas moi finas.
Ex: Compraron chocolate en po.
-
s
m pl
[IND]
Produto cosmético de material reducido a finas partículas que se aplica, especialmente sobre a cute, como enfeite.
-
s
m pl
[MED]
Forma farmacéutica que se obtén pola división repetida de drogas ou produtos químicos, sólidos e secos ata chegar a partículas de pequenas dimensións, variables, pero homoxéneas. Clasifícanse de acordo co número da peneira máis fina pola que pasan sen deixar residuo apreciable ningún. Cando a medida das partículas máis grosas é inferior a 20 ì dise que os pos están micronizados.
-
po cósmico/interestelar
[ASTRON]
Po formado por pequenas partículas sólidas (0,00005 cm de diámetro) presentes nas nebulosas escuras das galaxias. Este material é o responsable do escurecemento e o avermellamento interestelar da luz que provén das estrelas. Ten unha densidade e unha temperatura (20K) moi baixas.
-
po de anxo
[QUÍM]
Denominación coa que se designa, nun rexistro coloquial, a droga fenciclidina.
-
s
m
Frases feitas
-
Sacudirlle o po a alguén. Darlle unha malleira a alguén.