Po, chaira do
Po, chaira do
Gran chaira de Italia setentrional drenada polo Po (46.000 km2) Administrativamente, está repartida entre Piemonte, Lombardia, Emilia-Romaña e Véneto. Foi un gran golfo adriático entre os Alpes e os Apeninos setentrionais que foi reenchido progresivamente cos sedimentos sólidos dos ríos. Para evitar as zonas insalubres estruturouse nela un sistema de diques de protección. É a rexión máis fértil de Italia, polo que en consecuencia se concentrou nela a industria.