Podolia
Podolia
Rexión histórica que se estende entre o val do Dniéster e o curso superior do Bug. Dominada polos tártaros, ao desfacerse o Reino de Kiev pasou a formar parte de Lituania (1370). Posteriormente estivo dividida entre Lituania e Polonia, ata chegar a ser totalmente polaca en 1569. Foi dominada polos turcos entre 1672 e 1699. A súa parte occidental foi anexionada por Austria na primeira partición de Polonia, á que volveu en 1918, e a oriental foi integrada en Rusia na segunda e terceira particións. Pertence a Ucraína desde a Segunda Guerra Mundial.