poema

poema

(< lat poēma < grποίημα)

  1. s m [LIT]

    Obra poética, de carácter narrativo ou didascálico, de extensión notable, que pode ter argumentos e tons diversos. Segundo a materia, pódense distinguir: poemas épicos, heroicos ou míticos, como os poemas de Homero ou a Eneida de Virxilio; históricos, como a Farsalia de Lucano; cabaleirescos, como o Orlando Furioso de Ariosto; ou didascálicos, como as Xeórxicas de Virxilio.

    Confrontacións: poesía.
  2. s m [LIT]

    Nome utilizado, en época moderna, para designar composicións breves, sobre todo de ton lírico, que adoita figurar no título de diversas escolmas. Este uso, que retoma o sentido xenérico que o termo tiña en latín e grego, inspírase no uso xeral que a palabra poem ten tamén en inglés e que foi adoptado polas diversas literaturas.

    Sinónimos: poesía.
  3. s m
    1. Escrito, artigo, ensaio ou carta que ten un contido superior ao normal.

    2. Cousa, persoa ou feito extraordinario que ten algo de marabilloso ou de grande, que atrae e interesa.

      Ex: A súa vida é un poema. Esta rapaza é todo un poema.

  4. poema sinfónico [MÚS]

    Peza de música instrumental, destinada xeralmente á orquestra, cunha finalidade descritiva ou narrativa. A forma do poema sinfónico é totalmente libre respecto á cantidade de movementos e á estrutura interna, pero adoita centrarse ao redor dun tema principal: un personaxe, un lugar ou unha obra literaria ou pitórica. F. Liszt foi o iniciador do xénero con Ce qu’on entend sur la montagne (1848) e nel tamén destacaron M. Mussorgsky, Rimskij-Korsakov, B. Smetana, C. Franck e, sobre todo, R. Strauss.