Poirier, Louis

Poirier, Louis

Escritor. Coñecido como Julien Gracq, mostrou unha postura contraria ao comercialismo literario, tal e como denunciou en La littérature à l’estomac (1950). O seu estilo rigoroso maniféstase nunha lingua clásica e misteriosa que explora un simbolismo estraño, próximo ao surrealismo. Cultivou a novela en Au château d’Argol (1938), Un beau ténébreux (1945), Le rivage des Syrtes (1951, Prix Goncourt), Un balcon en forêt (1958) e Les eaux étroites (1976); o conto, o teatro e a poesía, como en Liberté grande (1947) e La terre habitable (1951); e o ensaio literario en André Breton (1948), Préférences (1961), En lisant, en écrivant (1981) e La forme d’une ville (1985).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Vieil, País do Loire