póker

póker

(< ingl poker)

s m [XOGO]

Xogo de cartas de envite de orixe norteamericana. Xógase cunha baralla francesa e poden participar de 3 a 7 xogadores, cada un recibe cinco cartas e poden descartar ata catro e recibir outras tantas. Gaña o xogador que teña a mellor combinación ou ben quen o faga crer e conseguir a retirada dos compañeiros. As combinacións son, de menor a maior puntuación, parella, dobre parella, trío, escala (cinco cartas sucesivas), full (trío e parella), cor (cinco cartas da mesma cor), póker (reunión de catro cartas iguais), escaleira real (cinco cartas sucesivas e do mesmo pau) e repóker (catro cartas iguais e un comodín).