Pokorny, Julius
Indoeuropeísta. Profesor de filoloxía celta na Universidade de Berlín (1920-1935) e despois da de Berna e Zúric. Especializouse en cultura e literatura celtas e investigou a etimoloxía da lingua indoeuropea. A súa obra Altkeltische Dichtungen (1944) foi traducida ao galego por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega co título de Cancioeiro da poesía céltiga (1952), en que se pretende reflectir con fidelidade o estado actual da lingua galega na súa progresiva marcha cara á madureza cultural. Tamén destacan as súas obras A Concise Old Irish Grammar (1914), Reader of Old Irish (1923) e Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch (1948-1969) e, en colaboración con Alois Walde, Vergleichendes Wörterbuch der Indogermanischen Sprachen (1927-1932).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Praga -
Deceso
Lugar : Switz, Zúric