pole

pole

(

s m [BOT]

Po moi fino, nas espermatófitas, formado na antera e constituído por células esporais de forma redondeada de 5 a 100 ì de diámetro (grans de pole). A célula polínica xermina e constitúe o gametófito masculino. Un gran de pole presenta, ademais da parede propia da célula, unha membrana interna, a intina, constituída principalmente por celulosa, e unha membrana externa, a exina, formada por esporopolenina, unha substancia terpénica moi dura e resistente. A superficie polínica presenta a miúdo relevos varios. A maioría dos grans de pole teñen na exina aberturas, por onde saen os tubos polínicos. A clasificación faise segundo a medida, a forma, os relevos, a disposición e o número de aberturas, a estrutura da exina, etc. A produción de pole por planta oscila entre 20.000 e 400 millóns de grans, e hai diversos modos de dispersión do pole (polinización), que están adaptados á estrutura da exina, que é lisa nas plantas anemógamas, e escabrosa e oleaxinosa nas plantas zoógamas. A ciencia que estuda o pole e as esporas é a palinoloxía.

Palabras veciñas

polca | pólder | poldro -dra | pole | Pole | Pole, de la | Pole, Reginald