Polibio
Polibio
Historiador grego. Despois da vitoria dos romanos en Pidna (168 a C), foi deportado a Roma, onde permaneceu durante sete anos. Na capital fixo unha profunda amizade con Escipión, a quen posiblemente acompañou nas súas expedicións a Cartago e Hispania. Consérvase a terza parte da súa obra historiográfica (Historias), que constaba de corenta libros e na que quixo recoller os feitos ocorridos en Roma desde os anos 264-222 ata o 144 a C.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Megalópolis