poliéster
(
-
s
m
[QUÍM]
-
Composto que contén dous ou máis grupos éster na súa estrutura.
-
Cada un dos compostos de natureza polimérica que conteñen grupos (-CO-O-) repetidos ao longo da súa cadea principal. Desde un punto de vista industrial, os tipos máis importantes de poliésteres son os lineais saturados, os lineais insaturados, os ramificados tridimensionais (resina alquídica) e os policarbonatos. Dos lineais saturados cómpre diferenciar os de peso molecular baixo
-
-
s
m
[QUÍM]
Nome xenérico dos plásticos obtidos por policondensación de poliácidos con alcohois non saturados ou con glicois, ou por polimerización de ésteres do ácido acrílico ou do ácido metacrílico, que non poden ser considerados nin termoplásticos nin termoendurecibles, xa que poden formar obxectos endurecidos definitivamente, cun endurecemento non conseguido pola acción da calor senón pola de axentes químicos. Pode producirse este endurecemento químico disolvendo un poliéster en estireno monómero. Os poliésteres utilízanse moito nas industrias de pinturas e vernices, na fabricación de fibras téxtiles sintéticas, no apresto de tecidos, no curtido de peles e na elaboración de obxectos fabricados tradicionalmente con vidro.