poliéter

poliéter

(

  1. s m [QUÍM]

    Calquera dos compostos que conteñen dous ou máis grupos éter na súa estrutura.

  2. s m [QUÍM]

    Calquera dos compostos de natureza polimérica que conteñen grupos éter (C-O-C) repetidos ao longo da súa cadea principal. Poden obterse a partir de tres tipos de monómeros: aldehidos, éteres cíclicos e fenois. Os derivados dos aldehidos poden obterse por reacción destes con alcohois polihidroxílicos, e neste caso se coñecen como poliacetais; tamén poden obterse por homopolimerización do monómero. O máis importante deles é o poliformaldehido. Ofrecen unha rixidez e unha resistencia mecánica moi elevadas. Os derivados de éteres cíclicos prepáranse mediante polimerización por apertura de anel dos monómeros, e teñen importancia industrial os derivados do óxido de etileno (poli(óxido de etileno)), óxido de propileno e tetrahidrofurano. Os derivados de fenois obtéñense por axuste oxidativo dos monómeros con catalizadores complexos de cobre e aminas. O máis importante deles é o poli(óxido de 2,6-dimetil-1,4-fenileno), empregado no moldeamento por inxección de pezas mecánicas e compoñentes eléctricos.