polietileno
polietileno
(
-
s
m
[QUÍM]
Polímero do etileno.
Sinónimos: politeno. -
s
m
[QUÍM]
Material plástico termoplástico obtido mediante a polimerización do etileno a alta presión (que pode chegar a unhas 1.500 atm) ou a baixa presión (entre 10 e 40 atm). En ambos casos a polimerización ten lugar en presenza dun catalizador. Segundo se obteña a alta ou baixa presión, o polietileno será de baixa ou alta densidade, respectivamente. A causa da súa tenacidade, rixidez, propiedades dieléctricas, resistencia química e impermeabilidade, utilízase moito na fabricación de sacos, bolsas, envases, caixas, tubos, cables telefónicos ou cubertas agrícolas.
Sinónimos: politeno.