polonio
(
Elemento de número atómico 84, do grupo VI A da táboa periódica. Foi o primeiro dos elementos illados por M.Curie, no ano 1898. Ten un peso atómico de 210,05 e está constituído por sete isótopos radioactivos. É un dos elementos naturais máis raros e atópase nos minerais de uranio en proporción de 100 ìg por tonelada. Pode existir en dúas formas alotrópicas: á, cúbica e estable a baixa temperatura, e â, romboédrica e estable a temperatura elevada. É soluble nos ácidos minerais e oxídase lentamente no aire. Forma compostos coas valencias 6+, 4+, 2+ 0 e 2-, e hai indicios da existencia do estado 3+. A súa química pode ser unicamente explorada nas trazas, a causa dos efectos radiolíticos que se presentan ao traballar con cantidades maiores. O polonio 210 ten unha emisión á cinco mil veces máis intensa que o uranio, libera na súa descomposición 140 W/g, polo que pode ser usado como fonte de enerxía para satélites artificiais. Emprégase, aliado co berilio, como fonte de neutróns. É moi tóxico.