Polonnaruwa
Polonnaruwa
Capital do distrito homónimo, Sri Lanka, situada ao SO de Amuradhapura, preto do lago Topawera (11.636 h [1981]). Os monumentos que se conservan pertencen ao reinado de Parakamabahu I (1153-86). O único edificio enteiro que existe é o santuario de Laukatilaka Vihara, de forma circular. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1982).