Polyporus
Polyporus
[FUNGO]
Xénero de fungos, da orde dos porais, co sombreiro carnoso e redondo, himenio poroso, de cor ocre, coa cutícula escamosa e o pé moi curto. En Galicia dáse a especie P. squamosus, que vive sobre árbores caducifolias e sobre coníferas.