Polysiphonia

Polysiphonia
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das rodófitas, cos esporanxios globosos, talo moi ramificado, de pequeno tamaño e de cor púrpura, que se fixa ao substrato mediante un disco. En Galicia danse as especies P. lanosa, parasita dos tecidos de Ascophyllum nodosum, e P. brodiaei, que vive en costas semiexpostas.

Palabras veciñas

Polypogon | Polyporus | Polyprion | Polysiphonia | Polystichum | Polytrichum | poma