pomelo
(< ingl pom(m)
-
s
m
[PLANTA]
Árbore perenne, do xénero Citrus, da familia das rutáceas, que pertence ás especies C. maxima e C. paradisi. Pode alcanzar ata 10 m de altura, ten copa redondeada, follas coriáceas, simples, oblongas, elípticas ou elíptico-lanceoladas, agudas no ápice e con pecíolo estreitamente alado. As flores solitarias ou en acios, brancas con 4-5 pétalos e numerosos estames, e o froito en hesperidio, de 10 a 15 cm de diámetro, de sabor amargo, coa codia moi grosa de cor amarela pálida, a polpa zumenta e amarela aínda que algunhas variedades a teñen rosada. A especie C. paradisi, con codia máis grosa, procede de Xamaica ou da península de Malacca, e C. maxima, de Indonesia. É unha importante fonte de vitamina C e de inositol.
-
s
m
[BOT]
Froito desta árbore.