Ponchelet, Aymon
Ponchelet, Aymon
Entallador flamengo. Traballou en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, onde realizou un antepeito do órgano da catedral. Elaborou diversos retablos para, entre outras, as igrexas de San Bieito do Campo (Santiago de Compostela, 1575?), Santa María de Corvelle (Sarria, 1586) e Santa María de Cela (Outeiro de Rei, 1590). Traballou no cadeirado alto do coro de San Xián de Samos (Sarria, 1588) e puido participar tamén no mosteiro de San Salvador de Celanova, vila onde estaba aveciñado en 1603.