ponte
(
-
-
s
f
[CONSTR/ENX]
Obra de fábrica, estrutura metálica, ou doutro material, capaz de soportar cargas dinámicas, sobre a que unha vía de comunicación, da que forma parte, pode salvar unha depresión ou obstáculo (como un río ou un barranco) ou crear outra vía de comunicación a escala inferior. As pontes provisionais empregadas en operacións militares adoitan consistir en estruturas metálicas montadas sobre camións especiais ou outros vehículos. As pontes permanentes son de obra de fábrica, metálicas ou dunha combinación de estrutura metálica e de obra de fábrica, e pódense diferenciar xeralmente os seguintes elementos: os estribos ou soportes extremos, os piares ou soportes intermedios, a armadura da superestrutura (de arco, de vigas) e a base (base do pavimento, da vía férrea, da canle ou doutra). A ponte que forma parte dunha estrada ou dunha liña de ferrocarril denomínase viaduto, e acueduto a que forma parte dunha canalización de auga. Atendendo á natureza da súa estrutura, as pontes poden clasificarse en pontes de arcos ou arcadas, de vigas e pontes suspendidas ou colgantes. Nas pontes de arcos ou de arcadas o peso da mesma ponte e as cargas transmítense aos piares oblicuamente, a través da estrutura curva de cada arco, en forma de forzas de compresión. Nas pontes de vigas, o peso e a carga transmítense aos piares verticalmente, a través das vigas lonxitudinais, en forma de esforzo de compresión. Nas pontes suspendidas ou colgantes, o peso e a carga transmítense aos piares de ancoraxe en forma de esforzos de tracción, mediante os cables portadores que os reciben das cadeas, barras, e outros elementos, que sosteñen e soportan a base. As pontes de tirantes consisten nun ou nuns cantos piares de formigón que soportan (concentrados nun punto ou ben repartidos na súa lonxitude) un conxunto de cables metálicos, situados aos lados e en forma de arpa, que teñen a outra extremidade ancorada á base. Cando as pontes teñen que ser construídas sobre vías de navegación fanse móbiles, de maneira que permiten o paso dos barcos. As pontes móbiles, accionadas xeralmente por motores eléctricos, poden ser basculantes, ascensionais e xiratorias. As pontes basculantes, baseadas nas antigas pontes levadizas, especialmente as dos castelos, son simples e moi prácticas para luces pequenas e consisten nunha ou dúas bases, axeitadamente contrapostas, articuladas nos piares ou nos estribos. As pontes ascensionais ou de elevación vertical son útiles para luces máis grandes ca os basculantes e consisten nunha plataforma que é elevada e baixada verticalmente, mediante poleas, entre unhas guías fixadas en dúas torres construídas en dous piares. As pontes xiratorias consisten nunha plataforma que vira nun plano horizontal un ángulo de 90° graos arredor do piar que o soporta; ao virar, impide a comunicación da vía e permite a navegación polos seus dous lados.
Evolución histórica das pontes en Galicia
O relevo galego e a abundancia de ríos e cursos de auga obrigou á construción de pontes desde épocas antigas. As pontes máis antigas eran parte integrante da paisaxe xunto cos camiños e outras construcións situadas xunto a elas como os muíños; as pontes modernas, pola contra, impóñense á paisaxe. Nos camiños prerromanos para solventar pequenos cursos de auga pode que se construísen pontellas ou pontillóns. A estes camiños se impuxo a rede viaria romana que seguía, fundamentalmente, un trazado recto e que debía solventar o cruce dun río sen afastarse moito da recta. As pontes romanas acostumaban ser moi anchas, de cantaría e empregaban o arco de medio punto. A maior parte das pontes romanas conservadas pertenceron á Vía XVIII ou Vía Nova que unía Brácara con Astúrica (Navea, Bibei e da Cigarrosa). As demais pontes de época romana pertencen a calzadas non recollidas no Itinerario de Antonino, como a ponte vella de Ourense. Coa caída do Imperio Romano, as vías romanas foron desaparecendo ao tempo que se recuperaban antigos camiños en que se construíron novas pontes. O ancho das pontes estreitouse e, desde o s XIII, empregouse o arco oxival. É o caso dos camiños da costa (ponte Sampaio, Nafonso, do Burgo) ou do interior, no que destacan os camiños e pontes que permitían a comunicación con terras non só de Galicia senón tamén de fóra, como os pertencentes aos camiños de peregrinación a Santiago (Portomarín, Furelos, Ribadiso) ou os que unían o Bierzo coa terra de Lemos (Barxa de Lor). Tamén existiron pontes con estruturas de madeira ou cunha superestrutura de madeira sobre piares de fábrica. A rede moderna de camiños superpúxose sobre a rede medieval e con ela novas pontes substituíron ás antigas. Ademais construíronse pontes en lugares onde antes non existían, xa que se cruzaban os ríos en barca, como a ponte internacional de Tui. Xa no s XX as estradas e autoestradas solventaron escollos xeográficos de maior envergadura, como a ponte de Rande sobre a ría de Vigo, a ponte das Pías que une Ferrol con Fene, a nova ponte internacional de Tui sobre o Miño ou as pontes sobre a ría de Pontevedra ou sobre o río Miño en Ourense. Xunto a elas cómpre destacar os viadutos e as pontes sobre o ferrocarril, con construcións metálicas como as de Redondela e Tui. -
ponte de campaña
[BÉL]
Ponte sobre soportes fixos ou flotantes construída polas tropas de enxeñeiros co fin de facilitar o paso de unidades.
-
ponte internacional
[DER]
Ponte que serve de comunicación entre dous estados nunha zona fronteiriza. Aínda que os límites adoitan coincidir na metade, a miúdo a ponte se considera zona neutra ou internacional.
-
ponte levadiza
Ponte utilizada nos castelos e nas fortalezas para atravesar o foxo e que se elevaba por medio de poleas, cordas ou cadeas.
-
s
f
[CONSTR/ENX]
-
-
s
f
Nome de diversos obxectos, pezas ou estruturas semellantes a unha ponte pola forma ou pola función.
-
s
f
[ZOOL]
Porción de tecido que une dúas partes dun órgano.
-
s
f
Prótese que se consolida dunha maneira permanente entre dous ou máis dentes.
-
s
f
[TECNOL/FÍS]
Conxunto de elementos físicos (resistencias, impedancias ou capacidades), distribuídos en catro brazos que forman un circuíto pechado, alimentados electricamente entre os dous nós diagonalmente opostos e que teñen conectado un detector de corrente entre os outros dous. As pontes utilízanse para determinar o valor dun dos elementos cando se coñecen os dos outros que o constitúen.
-
s
f
[MÚS]
Peza de madeira propia do violín e doutros instrumentos cordófonos, situada sobre a tapa, perpendicularmente, e que serve para manter alzadas e separadas as cordas entre elas.
-
ponte continental
[ESTRATIG]
Conxunto de terras que constitúen unha unión entre dous continentes e que permiten as migracións de animais terrestres dun continente a outro. En moitos casos, a súa existencia postúlase hipoteticamente para explicar as migracións fósiles, sen que existan argumentos que o demostren.
-
ponte de neve
Unión xeralmente fráxil da parte superior das fendas dun glaciar, producida normalmente pola neve transportada polo vento.
-
ponte de Varoli
[ZOOL]
mesencéfalo.
-
s
f
-
s
f
[MAR]
-
Superestrutura máis elevada dun barco, no sentido da manga, en que se sitúa o posto de comandante, con todos os aparellos de goberno da embarcación, de comunicación e de control, ademais do cuarto do capitán.
-
Construción ou pasarela sobre a cuberta principal, que permite a comunicación entre as diferentes superestruturas dun barco.
-
Cada unha das cubertas dunha embarcación.
-
-
s
f
[QUÍM]
alencia, átomo ou cadea non ramificada que une dúas partes diferentes dunha molécula.
-
s
f
[DEP]
Exercicio ximnástico consistente en dobrar lentamente o corpo cara a atrás, arqueándoo de tal xeito que descansa sobre os pés e as mans.
-
s
f
Período vacacional ou de descanso en que non se traballa por situarse entre dous días festivos.
Ex: Na ponte de maio foron a Portugal.
-
s
f
Ligazón entre dous elementos.
Ex: Fixo de ponte entre o pai e o fillo.
-
ponte aérea
[AERON]
Método de transporte entre dous lugares que consiste nun tránsito intenso e regular de avións.
-
ponte de sinais
[TRANSP]
Estrutura xeralmente metálica que pasa por riba de diversas vías, á maneira dunha ponte, e que serve de soporte a un determinado número de sinais, especialmente de bloqueo.
-
ponte do pé
[ANAT]
Parte cóncava do centro dunha planta do pé.