por

por

(< lat pro)

  1. poñer.

  2. prep

    Indica lugar onde ou a través do que.

    Ex: Foi pola beiravía. Sobe pola escaleira.

  3. prep

    Expresa tempo pouco preciso ou indeterminado.

    Ex: Visitounos polo mes de marzo.

  4. prep

    Indica duración.

    Ex: Marchou por un ano.

  5. prep

    Indica repartición ou distribución.

    Ex: Foron pasando un por un.

  6. prep

    Indica causa ou motivo.

    Ex: Non te chamaron por mal amigo.

  7. prep

    Indica finalidade.

    Ex: Vai á tenda por leite.

  8. prep

    Expresa prezo ou valor.

    Ex: Vendeuno por poucos cartos.

  9. prep

    En beneficio de, en proveito de.

    Ex: Vaino facer polos fillos.

  10. prep

    Expresa medio de transporte ou de transmisión.

    Ex: Mandouno por correo urxente.

  11. prep

    Relaciona os factores dunha multiplicación.

    Ex: Cinco por tres son quince.

  12. prep

    Introduce o complemento dalgúns verbos.

    Ex: Ide por el e volvede axiña.

  13. prep

    Expresa o complemento axente nas oracións pasivas.

    Ex: O caso é sabido por todos nós.

  14. prep

    Pregunta a causa ou motivo de algo, seguido do pronome interrogativo que.

    Ex: Por que me chamas?

  15. prep

    Indica que algo non se realizou, ante infinitivo.

    Ex: Todo está por facer.

  16. prep

    Indica modo ou maneira en que se realiza algo.

    Ex: Faino polas boas.

  17. prep

    Indica substitución ou equivalencia.

    Ex: Cóntallo por min. OBS: Contrae coa segunda forma do artigo determinado dando lugar ás formas polo, pola, polos, polas.

Frases feitas

  • Por moito que loc conx Introduce unha oración que expresa unha dificultade que obstaculiza, pero non impide, o cumprimento indicado na outra. Ex: Por moito que insistas, non cho vou dicir.

  • Por/Polo tanto loc conx Indica consecuencia. Ex: Non quixeches vir comigo, polo tanto non tes agasallo.

Palabras veciñas

populus* | popurrí | Poquelin, Jean-Baptiste | por | pór | por | por de, a